Saturday 27 de April de 2024

Ponte Ledesma acolleu unha xornada gratuíta de iniciación ao Ioga Integral


O Concello de Boqueixón ofreceu o pasado sábado, en colaboración con Agora Ioga, unha xornada gratuíta de iniciación ao Ioga Integral. Cunha tarde solleira e unha temperatura axeitada, as Ínsuas de Gres, en Ponte Ledesma, converteuse no escenario ideal para desenvolver unha completa clase sobre esta práctica milenaria.
Unhas dez persoas participaron nesta iniciativa na que se amosaron os principios básicos do Ioga integral. Así, a veciñanza participante tivo a oportunidade de aprender nocións sobre relaxación, meditación e respiración consciente. Ademais, a actividade, que durou aproximadamente hora e media incluíu a aprendizaxe de distintas posturas de ioga (Asanas).
A iniciativa tivo boa acollida entre as persoas asistentes. O obxectivo e crear un grupo para impartir clases de ioga os venres pola tarde no ximnasio municipal de O Forte.